Condicións de uso da páxina de Gardacostas de Galicia

  • OS ARTIGOS E COMENTARIOS SERÁN RESPONSABILIDADE E PERTENCEN A QUÉN OS REALIZE.
  • O ADMINISTRADOR DESTA PÁXINA NON SE FAI RESPONSABLE DOS ARTIGOS E COMENTARIOS DOUTRAS PERSOAS.
  • ESTA PÁXINA EXIMESE DE CALQUERA RESPONSABILIDADE PENAL OU XUDICIAL QUE OS ARTIGOS OU COMENTARIOS NELA REFLECTIDA SE DERIBEN.
Os membros dados de altos nesta páxina aceptan estas condicións, polo simple feito de ser membros da mesma.

Calquer membro, pode darse de baixa no mometo que así o estime oportuno. Deberá facelo, enviando un e-mail co asunto "baixa como membro na páxina de Gardacostas" a: gardacostas+baixa@gmail.com





Dereito á Libre Expresión

O dereito á libre expresión é un dos máis fundamentais, xa que é esencial á loita para o respecto e promoción de todos os dereitos humanos. Sen a habilidade de opinar libremente, de denunciar inxustizas e clamar cambios - o home está condenado á opresión.

Por estas mesmas razóns, o dereito á libre expresión é un dos máis ameazados, tanto por gobernos represores que queren impedir cambios, como por persoas individuais que queren impoñer a súa ideoloxía ou valores persoais, calando os outros.

A loita pola liberdade de expresión correspóndenos a todos, xa que é a loita pola liberdade de expresar o noso propio individualismo. Respectar a liberdade dos demais a dicir calquera cousa, por máis ofensiva que a consideremos, é respectar a nosa propia liberdade de palabra.

Human Rights está comprometido coa loita pola liberdade de expresión definida nos termos máis amplos.
  • O artigo 13.2 da Convención define a través de que medios poden establecerse lexitimamente restricións á liberdade de expresión. Estipula, en primeiro lugar, a prohibición da censura previa a cal é sempre incompatible coa plena vixencia dos dereitos enumerados polo artigo 13, salvo as excepcións contempladas no inciso 4 referentes a espectáculos públicos, ata se trata supostamente de previr por ese medio un abuso eventual da liberdade de expresión. Nesta materia toda medida preventiva significa, inevitablemente, o menoscabo da liberdade garantida pola Convención. (Opinión Consultiva 5/85; 13 de novembro de 1985).-
  • O artigo 13 da Convención establece que:
1. Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento e de expresión. Este dereito comprende a liberdade de buscar, recibir e difundir informacións e ideas de toda índole, sen consideración de fronteiras, xa sexa oralmente, por escrito ou en forma impresa ou artística, ou por calquera outro procedemento da súa elección.

2. O exercicio do dereito previsto no inciso precedente non pode estar suxeito a previa censure senón a responsabilidades ulteriores, as que deben estar expresamente fixadas pola lei e ser necesarias para asegurar:

a. O respecto aos dereitos ou á reputación dos demais, ou

b. A protección da seguridade nacional, a orde pública ou a saúde ou a moral públicas.

3. Non se pode restrinxir o dereito de expresión por vías ou medios indirectos, tales como o abuso de controis oficiais ou particulares de papel para xornais, de frecuencias radioeléctricas, ou de enseres e aparellos usados na difusión de información ou por calquera outros medios encamiñados a impedir a comunicación e a circulación de ideas e opinións.

Ler tamén: Trece delitos que un bloger pode cometer